HomesociedadeReabre o tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos tras máis de 2 anos...

Reabre o tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos tras máis de 2 anos en obras

"É un paso máis da conexión entre Lugo e Ourense no corredor Atlántico, para levar a alta velocidade a toda Galicia" o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.

Publicado o

POR
E.P.
- Advertisement -

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, inaugurou este martes a viaxe en tren do tramo Ourense-Monforte de Lemos, tras o remate das obras que duraron dous anos. Abandónase así o traslado dos usuarios en autobús que se realizaba entre as dúas localidades durante os traballos. O tramo de 46 quilómetros, que conecta Monforte con Ourense, forma parte do “gran investimento” que se está levando a cabo para conectar Lugo con Monforte de Lemos e Ourense, para enlazar “Lugo coa alta velocidade” a través da cidade das Burgas, e supón tamén unha “renovación integral” deste primeiro tramo.

Dita renovación inclúe a mellora da plataforma, as travesas, a vía, as conexións a catenaria, a iluminación e a sinalización, así como a dixitalización e a conexión cos centros de control de tráfico. Tal como dixo Santos, esta infraestrutura forma parte dunha “decisión estratéxica” do Goberno, que investiu “significativamente” no tren de alta velocidade, pero tamén na vía convencional desde o 2018, segundo reivindicou. “É un investimento integral dunha vía que data do século XIX e que necesitaba un investimento forte, e iso é o que está a facer o Goberno”, expuxo Santos, apuntando que se consegue con isto “eliminar pasos a nivel mellorando a seguridade” e aumentar a capacidade da catenaria, “facilitando o transporte de mercadorías con convois máis grandes”.

“É un paso máis da conexión entre Lugo e Ourense no corredor Atlántico, para levar a alta velocidade a toda Galicia”, manifestou Santos, engadindo que tamén mellorará “as conexións interrexionais, especialmente entre Ourense, O Bierzo, León e Valdeorras”. “Todo isto virá despois acompañado dunha mellora dunha frecuencia maior das comunicacións”, dixo. Neste primeiro tramo, os tempos de viaxe non melloran substancialmente como o farían coa alta velocidade, pero logrouse “unha conexión máis fiable mantendo o trazado actual”, segundo o subdelegado do Goberno en Ourense, que lembrou que o proxecto avanzou segundo o programado, no marco dun investimento global de 650 millóns de euros, “dos cales o 95 % está en execución ou executado”. Incluíndo tamén neste investimento a renovación da Intermodal de Ourense e as melloras na estación de ferrocarril de Monforte de Lemos.

En canto á conexión do seguinte tramo, entre Monforte de Lemos e Lugo, o representante do Goberno non quixo establecer prazos definitivos, apelando á complexidade das obras pola dificultade da orografía. “Aínda hai unha construción dun túnel para o que non me atrevo a dar prazos, pero está todo dentro do programado”, aseverou Santos antes de realizar a viaxe inaugural no que estivo acompañado pola tenente alcalde de Monforte Lemos, Gloria María Prada, e o xefe da área de mantemento de Adif en Ourense, Luís Palacios.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...