HomesociedadeMonforte inviste 57.000€ no alumeado de Nadal que se acenderá o 5...

Monforte inviste 57.000€ no alumeado de Nadal que se acenderá o 5 de decembro

O alumeado acenderase o xoves, 5 de decembro, ás 18:30h. e apagarase o luns, 6 de xaneiro, día de Reis. O encendido oficial terá lugar na rúa Cardeal por parte do alcalde acompañado de membros do Equipo de Goberno. Farase xunto á árbore instalada no inicio peonil desta rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para este Nadal, o Concello de Monforte instala 1.200.000 luces LED cun investimento de 57.000 euros, “o investimento máis alto da historia do concello para ete fin”, destaca o alcalde. “O noso obxectivo é dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería, pero o máis importante é, que sexan moi felices nestas festas de Nadal”.

O alumeado acenderase o xoves, 5 de decembro, ás 18:30h. e apagarase o luns, 6 de xaneiro, día de Reis. O encendido oficial terá lugar na rúa Cardeal por parte do alcalde acompañado de membros do Equipo de Goberno. Farase xunto á árbore instalada no inicio peonil desta rúa.

O horario de encendido e apagado será de 18:30 a 2 da madrugada. Contarase, como é tradición, cun cono central na rúa do Cardeal, a modo de árbore de Nadal, que este ano alcanzará arredor de 20 metros de alto. Na Praza de España instalarase unha Estrela de Nadal de 7 metros de longo por 3 metros de alto. Ambos elementos contarán cun paso interior para que a xente poida facerse fotos. Seguirase iluminando a Torre da Homenaxe con proxeccións exteriores distintas en cada cara da Torre.

O alcalde destaca que “aumentamos algo o número de arcos colocados, que alcanzan os 264 arcos en 2024 distribuídos en 66 rúas da cidade. Colocaranse 7 arcos de saúdos de “Bo Nadal” nas entradas da cidade”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...