HomesociedadeObradoiros e festas para celebrar o Nadal no Saviñao

Obradoiros e festas para celebrar o Nadal no Saviñao

O concello aposta este ano polas actividades creativas e mantén as súas xa clásicas do Festival de Nadal, ao remate do curso antes das vacacións, e a Festa de Inchables para acabar o ano.

Publicado o

- Advertisement -

A cita máis inmediata será o “Festival de Nadal e visita de Papá Noel” no Auditorio de Escairón o día 22 ás 17:30 h. Haberá baile de alumnos de infantil -Cascabel-, teatro de alumnos de primaria -Una Navidad en el Polo Norte-, espectáculo clown “Rastafarudi con Rudi Dudi” e entrega de cartas a Papá Noel.

No apartado de obradoiros, para o que resta de ano están programados tres: un de “iniciais de Nadal” o 26 de decembro -na Ludoteca de Escairón ás 12:00 h. e no Centro Sociocultural de Currelos ás 16:30 h.-, un de “bolas de Nadal” o 27 na ludoteca de Escairón ás 12:00 h. e outro de “adornos de fieltro familiar” para facer os cativos/as acompañados/as dun adulto tamén na ludoteca de Escairón ás 18:00 h.

Unha das datas máis esperadas para os pequenos/as será o domingo 30 de decembro coa Festa de Nadal con Inchables no Pavilón Municipal ás 17:00 h. Ademais de espectaculares inchables, haberá pintacaras, photocoll, carriño de palomitas e os personaxes de Mickey e Minni Mouse.

E xa metidos no 2019 o concello do Saviñao ofrece máis obradoiros. Para o día 2 de xaneiro haberá un de “elaboración de chaveiros” -na ludoteca de Escairón ás 12:00 h. e no Centro Sociocultural de Currelos ás 16:30 h.-, un de “elaboración de canapés de Nadal” o 3 ás 12:00 h. e un de “bota de Nadal e cartas aos Reis” o 4 ás 18:00 h. Nos dous casos a realizar na ludoteca de Escairón.

Como complemento a estes obradoiros o 3 de xaneiro entre as 16:30 e as 19:30 h. haberá un Planetario de Ciencia e xa o día 5 a visita dos Reis Magos a Currelos ás 16:30 h e pasarrúas por Escairón ás 18:30 h. A recepción aos nenos/as será ás 19:45 h. no Auditorio Municipal.

Para os obradoiros, o concello recomenda anotarse cuns 5 días de antelación chamando ao teléfono 982 452061

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...