HomesociedadeOs agasallos de Nadal mercados no CCA Ribeira Sacra de Chantada poderán...

Os agasallos de Nadal mercados no CCA Ribeira Sacra de Chantada poderán chegar ás casas da man dun Rei Mago

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Chantada para incentivar as compras no comercio local nestas festas. "Este ano o teu agasallo preferido lévacho un Rei Mago", din.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha nova campaña do comercio local asociado de Chantada desenvolverase entre o 7 de decembro e o 2 de xaneiro. Segundo explican dende a entidade, “este ano, os Reis Magos levarán os agasallos á casa dos nenos e nenas do termo municipal de Chantada”, e engaden “para recibir a visita real é necesario gastar polo menos 100 euros nos establecementos asociados e levar os recibos ás oficinas da Asociación de Empresarios de Chantada (AECH) para anotarse na lista do percorrido das súas maxestades”.

Esta campaña, como explica o presidente da AECH e do CCA Ribeira Sacra, Iñaki Castiñeira, “quere, por unha banda, promover o comercio local e, por outro, facer felices aos máis pequenos da casa”.

DESENVOLVEMENTO DAS VISITAS DOS REIS MAGOS

A visita dos Reis Magos farase o día 5 de xaneiro e comezará ao remate da Cabalgata de Chantada, aproximadamente ás 20:30 horas. Cada Rei Meigo terá o seu percorrido, para poder chegar ao máximo número de casas posibles, tanto no centro urbano como nas parroquias.

Haberá prazas limitadas para esta acción, co cal adxudicaranse as visitas tras cumprir os requisitos de compras no comercio local e por estrita orde de reserva. Ao termo da campaña (o día 2 de xaneiro), deseñarase o percorrido e informarase a todas as familias da hora aproximada en que recibirán a visita das súas Maxestades de Oriente.

A campaña está cofinanciada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, o Concello de Chantada, Clásicos do Asma e CCA Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...