HomeCultura"O perpetuo movemento da creación" no Centro do Viño da Ribeira Sacra

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A exposición que pode visitarse ata o 7 de xaneiro no Centro do Viño da Ribeira Sacra é obra de Cristina Vázquez (Crystilandia).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe. En 1992 trasladouse á Ribeira Sacra en busca de conexión coa natureza, formándose como restauradora experta en policromado e explorando de maneira autodidacta o interiorismo, a decoración e a rehabilitación.

Actualmente céntrase na súa gran paixón: a pintura. Traballa con acrílicos e pigmentos naturais para crear un universo máxico-realista sobre madeira, combinando o filosófico, o cómico e o ornamental. As súas obras retratan mulleres surrealistas en busca de plenitude, rodeadas de natureza e fetiches, representando ou seu vínculo coas forzas naturais, o empoderamento e os desexos que as levan a momentos tan profundos como cómicos

“O perpetuo movemento da creación”, explora, como explica a autora, o simbolismo e a importancia do hexágono en diversas áreas, desde a xeometría ata a natureza e as culturas. O hexágono é a base da estrela de seis puntas, usada en varias relixións e culturas como símbolo da conexión entre o divino e o humano. Representa a harmonía, os ciclos de vida e morte, e a creación. Na natureza, atópase en moléculas, estruturas biolóxicas como os alvéolos e os flocos de neve, e en fenómenos como a Calzada do Xigante e o Vórtice Polar de Saturno”. Con todo, convida a reflexionar sobre se estas conexións son casuais ou se o universo ten unha mensaxe que aínda non comprendemos.

ÚLTIMAS

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar...

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26...

Este 24 de abril desde as 18:15h cita coa literatura infantil na Biblioteca de Chantada

A Biblioteca Municipal do Concello de Chantada desenvolve distintas propostas para conmemorar o 23...