HomeMedio ambiente e Patrimonio42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

A Xunta achega 42.350 euros ao Concello do Incio para adquirir un vehículo pick-up destinado a realizar traballos de protección do medio ambiente e dos espazos naturais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo equipamento xunto co alcalde do Incio, Héctor Corujo, entre outras persoas. A colaboración é froito dun convenio entre a entidade local e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O vehículo será empregado pola brigada ambiental municipal nos seus labores de inspección e control dos espazos naturais e recreativos, tarefas de prevención de incendios, atención ás emerxencias, eliminación de posibles vertedoiros incontrolados ou mantemento e acondicionamento de camiños públicos de acceso a núcleos de poboación e fincas.

Trátase dun todoterreo con caixa traseira que pode ser cuberta ou descuberta segundo as necesidades de carga, tracción 4×4 e gancho de remolque, entre outras características. Arias enmarcou esta acción “na cooperación permanente da Xunta cos concellos para levar os servizos á cidadanía alí onde se precisan”.

Vehículo pick-up O Incio / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...