HomesociedadeA Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración cos alcaldes e alcaldesas de toda a provincia para modernizar o padrón municipal dos 67 concellos do territorio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia que o Goberno central ten en marcha cos fondos que logrou da Unión Europea para modernizar a economía do país.

En presenza da práctica totalidade dos responsables municipais e do Deputado de Promoción Económica e social, Pablo Rivera Capón, o Presidente explicou que a través do Xeopadrón “poñemos en marcha un novo sistema de xestión da información sobre os territorios de ámbito municipal que beneficiará, de maneira directa, aos 67 concellos da provincia”. Un programa para a modernización dos padróns que, segundo detallou o mandatario provincial, consistirá en revisar os datos do padrón que ten cada concello e contrastalos cos que ten o Instituto Nacional de Estadística (INE).

“Estamos falando dun servizo tecnolóxico que servirá para preparar o camiño cara o proxecto de Padrón Online que está a desenvolver o INE a través de dúas cuestións: crear unha base de datos xeorreferenciada de vivendas e fogares, e revisar e depurar a información padroal municipal do INE”, avanzou Tomé Roca.

Explicou tamén o Presidente que esta liña de axudas “vén completar o camiño de modernización e transformación dixital das administracións locais que iniciamos co Impulsa TIC, que está executado ao 100%. Unha iniciativa para a que captamos o ano pasado máis de 4M€ e que levamos a cabo nos 52 concellos que decidiron sumarse voluntariamente”. Con cargo a este programa, sinalou que se levaron a cabo actuacións tan relevantes como integrar a administración electrónica dos concellos cos servizos da Administración Xeral, implantar postos de traballo intelixentes, crear oficinas de asistencia en materia de rexistro. Puxo como exemplo a implantación dun sistema de gravación nos plenos municipais, para os que se instalaron 50 cámaras e máis de 400 micrófonos nos concellos de toda a provincia, ou a renovación de equipamentos informáticos coa compra de 114 ordenadores, máis de 640 pantallas ou máis de 100 tablets.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...