HomesociedadeMáis dun cento de usuarios e sen lista de espera no Servizo...

Máis dun cento de usuarios e sen lista de espera no Servizo de Atención Temperá de Quiroga

O servizo, creado en setembro do 2020 para dar cobertura aos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, medrou co paso dos anos ata incluír cinco concellos máis: A Pobra do Brollón, Bóveda, Pantón, Sober e O Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana reuníronse no salón de plenos da Casa do Concello de Quiroga representantes dos concellos que forman parte do Servizo agrupado de Atención Temperá de Quiroga. Ademais do alcalde e concelleiro de Servizos Sociais de Quiroga, estiveron presentes os alcaldes de Pantón, Sober, O Saviñao, Ribas de Sil e o Tenente de Alcalde da Pobra do Brollón. O alcalde de Bóveda e a Alcaldesa de Folgoso do Courel non puideron asistir.

O Servizo de Atención Temperá promove a atención dirixida a nenos e nenas de 0-6 anos con trastornos de desenvolvemento ou risco de padecelos e ás súas familias, tendo ademais un carácter público, gratuíto e de proximidade. 

Tras a benvida do alcalde, José Luis Rivera, o concelleiro de Servizos Sociais e Director do servizo, Xosé Manuel Fernández, presentou ao novo coordinador técnico, Antonio Javier Dorta, que expuxo a evolución do servizo, na que se concluíu que o servizo é necesario, funciona ben e aumentou no 2024 ata os 111 nenos/as atendidos.

O equipo de profesionais do servizo, conformado na anterior anualidade por 6 profesionais, pasará nesta nova xeira (de novembro de 2024 a outubro de 2026) a estar composto por 5 profesionais (2 psicólogos, 2 logopedas e unha terapeuta ocupacional). “Esta nova distribución de profesionais non suporá merma da atención a usuarias e usuarios pois auméntanse as horas para as especialidades de máis demanda o que permitirá manter os niveis de atención actuais, sen listaxe de espera”, comentaba, Xosé Manuel Fernández.

Tamén se deu conta do financiamento, referindo Xosé Manuel Fernández que “tras unha primeira liquidación orzamentaria da anualidade 2023-2024 é posible que non haxa déficit do servizo”. Deuse conta tamén da concesión dunha subvención da Xunta de Galicia, cofinanciada con Fondos Europeos (Programa FSE+ Galicia 2021-2027), por importe de 366.888,00 euros que dará cobertura económica ao novo periodo do SAT de Quiroga comprendido do 1 de novembro de 2024 ao 31 de outubro de 2026.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...