HomePolíticaArmesto dá o relevo a Joaquín González como candidato do PP do...

Armesto dá o relevo a Joaquín González como candidato do PP do Saviñao

Juan Carlos Armesto, primeiro tenente de alcalde do Saviñao, será o candidato do Partido Popular á alcaldía do Saviñao, dándolle o relevo a Joaquín González, alcalde do Saviñao por maioría absoluta en oito ocasións. E Dámaso López, senador popular de Taboada, ven de ser nomeado membro de honra do Consello Xeral de Odontólogos e Estamatólogos.

Publicado o

- Advertisement -

Tras 27 anos no equipo de Goberno, o candidato popular á alcaldía do Saviñao, coñece de primeira man a realidade de cada un dos núcleos do concello. Foi, ademais, durante oito anos, presidente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra.

Juan Carlos Armesto foi presentado en Escairón, nun acto no que estivo acompañado de afiliados e simpatizantes, o propio alcalde do municipio e compañeiros do Partido Popular de Lugo encabezados pola súa presidenta provincial, Elena Candia.

Armesto agradeceu a presenza de todos os asistentes e a implicación do actual alcalde no impulso dun cambio á fronte da candidatura popular de cara ás eleccións municipais do vindeiro 2019. O novo candidato asume o reto de conseguir a continuidade do PP á fronte do Concello do Saviñao “traballaremos por constituír un goberno serio e crible”. Juan Carlos Armesto é tamén deputado provincial e exerce como vicevoceiro do Grupo Popular dende o 2015, no 2016 foi elixido secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo e dende o 2017 preside a formación popular no municipio do Saviñao.

O senador popular, Dámaso López, membro de honra do Consello Xeral de Odontólogos e Estamatólogos 

E un popular dun concello limítrofe co Saviñao, o senador, Dámaso López de Taboada, vén de ser nomeado membro de honra do Consello Xeral de Odontólogos e Estamatólogos de España. Este recoñecemento pon en valor a traxectoria política de Dámaso Lopez e o compromiso coa medicina, profesión que exerceu durante 36 anos.

O nomeamento produciuse na Gala que o Consello Xeral de Odontólogos e Estomatólogos que se celebrou en Madrid, presidida pola Ministra de Sanidade.

Dámaso López recibindo o galardón / PP

ÚLTIMAS

Deputación e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra renovan a súa colaboración

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o máximo responsable do...

Teatro familiar este 3 de xaneiro na casa da cultura de Monforte de Lemos

O Cachopo Máxico é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes...

Sesión de contos da man da Mesa Pola Normalización Lingüística en Sober

Contactamos con vós dende A MESA Lemos para informarvos dunha actividade que organizamos e que terá...

Cousas Xacobeas, o Camiño en Ortoá: Santa Marta (II)

No século XVI foi cabeza de xurisdición, señoreada polos Riba de Neira, que alí tiveron mordomos...