HomeCulturaEste 19 de decembro celébrase a XXIV Mostra de Panxoliñas para centros...

Este 19 de decembro celébrase a XXIV Mostra de Panxoliñas para centros de ensino de Monforte

A cita desenvolverase este xoves ás 18:00h no Edificio Multiusos, onde nenas e nenos de diferentes centros de ensino da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal dentro desta Mostra, que se desenvolve en todas as edicións con grande éxito.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano a Mostra chega á súa vixésimo cuarta convocatoria. A actividade ten como fin espertar a afección ó canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.

Nesta 24ª edición os centros de ensino participantes son o Colexio PP. Escolapios, a Fundación Educativa Torre de Lemos, o Colexio P. Ferroviario e o CEIP Monforte.

PROGRAMA XXIV MOSTRA DE PANXOLIÑAS

  • Colexio P. Ferroviario. Fiesta en la villa de Santa. Alumnos e alumnas de Educación Infantil. Directora musical: Carla Fernándes Quiroga
  • Fundación Educativa Torre de Lemos. Los colores de la Navidad Alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Dirección musical: profesorado 1º ciclo de Primaria
  • CEIP Monforte. Sueña la Tierra. Alumnos de Educación Infantil e Primaria. Dirección musical: Joseba Mikel Ortiz Angulo e Cristina Meijome Rivera
  • Colexio PP. Escolapios. Chegaron a pé. Coro de Primaria e ESO. Dirección musical: Maricarmen Castaño Aira e Noemi Rodríguez Rendos
  • Colexio PP. Escolapios. Más allá. Coro de Primaria e ESO. Dirección musical: Maricarmen Castaño Aira e Noemi Rodríguez Rendos
  • Colexio P. Ferroviario. Muxicas no ceo de Belén. Alumnos de 5º e 6º de Primaria. Directora musical: Beatriz Vázquez López

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...