HomesociedadeEntrega dos premios do 'Mondial de Vins Extremes' e xantar de Nadal...

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

Tivo lugar no Restaurante Manuel Bistró de Monforte de Lemos este pasado venres 20 de decembro. Damos conta dos premios acadados, tanto na categoría de 'Gran Medalla de Ouro" como na de "Medalla de Ouro".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un encontro de confraternidade na que se dá cita o sector do viño. Este encontro, que tivo lugar no Restaurante Manuel Bistró de Monforte de Lemos, aproveitándose para facer entrega dos premios do Concurso Internacional “Mondial de Vins Extremes”, que se celebrou en setembro no Valle d’Aosta (Italia).

Nesta edición do Concurso, a D.O. Ribeira Sacra recibiu varios galardóns, subliñando a calidade e o carácter distintivo desta denominación:

GRAN MEDALLA DE OURO

-D.O. Ribeira Sacra Mencía Quitapesares 2020 – Adega Vella Xeracions S.L. (Abeleda).

-D.O. Ribeira Sacra Godello Pazo da Maga 2023 – Pazo da Maga S.L.U. (Sober, Lugo).

MEDALLA DE OURO

-D.O. Ribeira Sacra Vía Romana Mencía La Heroica 2019 – Adega e Viñedos Vía Romana (Chantada, Lugo).

-D.O. Ribeira Sacra Pizarras y Esquistos 2021 – Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas, Ourense).

-D.O. Ribeira Sacra Brancellao 2022 – Pazo de la Cuesta (Ribas de Sil).

-D.O. Ribeira Sacra Mencía Don Xoan 2023 – Bodega Gullufre (Sober, Lugo).

-D.O. Ribeira Sacra Mencía Prómine Singular 2023 – Bodegas Petrón S.L. (Doade, Sober, Lugo).

-D.O. Ribeira Sacra Mencía Don Bernardino Ibio 2021 e D.O. Ribeira Sacra Mencía Don Bernardino Carcava 2023 – Don Bernardino (Sober, Lugo).

-D.O. Ribeira Sacra Mencía Don Cosme 2022, D.O. Ribeira Sacra As Covas 2019 e D.O. Ribeira Sacra Godello Inseparables 2021 – EDV S.L.U. (Quiroga, Lugo).

D.O. Ribeira Sacra Origen 2020 – Regina Viarum S.L. (Sober, Lugo).

Estes resultados reflicten o esforzo continuo das adegas da Ribeira Sacra por producir viños de gran calidade, aínda que se enfronten ás condicións adversas que presenta este tipo de viticultura. O recoñecemento acadado no Mondial des Vins Extrêmes subliña a relevancia desta denominación dentro do panorama internacional dos viños de montaña.

MONDIAL DE VINS EXTREMES

O Mondial des Vins Extrêmes celebrouse en Aosta sendo considerado como o concurso enolóxico máis importante reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas. A esta edición, a D.O. Ribeira Sacra presentaba 39 mostras de 16 adegas.

CEA DE NADAL

Aproveitando a entrega dos devanditos premios, celebrouse o xantar de Nadal da DO. Ribeira Sacra, un evento ao que asisten como convidados/as xente do sector, diferentes autoridades políticas e xente dos medios de comunicación. Celebrouse o pasado venres 20 de decembro no restaurante monfortino Manuel Bistró, e nun ambiente distendido o presidente do Consello Regulador, Antonio Lombardía, repasou as principais accións levadas a cabo no 2024, avanzou proxectos para o 2025 e desexou Boas Festas a todas e todos os presentes.

“Estamos a facer unha aposta clara pola calidade dos nosos viños. Queremos tamén mellorar a dixitalización da D.O. e dos nosos viticultores. Temos que poñer en valor a axuda o mantemento da paisaxe que axudara a manter a rendibilidade das explotacións vitícola”, aseguraba Lombardía.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar neste festival de música...

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...