HomeDeportesDo 26 ao 29 de decembro Campus do Nadal do Club Baloncesto...

Do 26 ao 29 de decembro Campus do Nadal do Club Baloncesto Sarria

Máis de 70 nenos e nenas inscribíronse xa para participar neste campus, que ofrece dúas modalidades: unha interna con aloxamento e outra externa con asistencia durante o día pero sen durmir nas instalacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta renova o seu apoio ao Campus do Nadal organizado polo Club de Baloncesto Sarria, que se celebra entre o 26 e o 29 de decembro. O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación desta segunda edición dirixida a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2007 e 2017, xunto á presidenta e o director deportivo do CB Sarria, María Jesús Arias e Miguel Ángel Hoyo, respectivamente.

Os adestramentos contarán con persoal experto que lles axudará aos nenos e nenas a mellorar as súas habilidades na práctica do baloncesto. A programación complétase con outras actividades deportivas, lúdicas e recreativas para fomentar o traballo en equipo e a convivencia entre os participantes.

Arias felicitou ao club sarriao por “darlle continuidade a esta iniciativa que lles facilita ás familias a conciliación” e ao mesmo tempo ofrécelles aos cativos e cativas “unha excelente oportunidade de desfrutar do deporte e doutras actividades que fomentan a participación e a convivencia”

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...