HomesociedadePreséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

Unha vez elaborado o proxecto construtivo, as obras para a urbanización e dotación de servizos da Zona D, teñen un custe de licitación 324.910,85 euros (IVE engadido), que será financiado con fondos propios municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, presentou este 25 de decembro en rolda de prensa o proxecto para a urbanización, dotación de servizos e conexión con redes de sistema xeral da Zona D, que comprende os terreos ubicados entre o Paseo do río, as traseiras dos edificios da Avda. de Galicia, as traseiras dos edificios da Rúa Cardenal e unha pequena parte do Parque dos Condes que se corresponde co lugar onde está ubicado o muro de peche e a pérgola. A zona de actuación abarca unha superficie 3.274 m2, case 3.300 m2.

No mes de marzo de 2023, o Alcalde monfortino dera a coñecer os inicios dos traballos para a elaboración do proxecto de reparcelación da Zona D, sendo a vontade do Alcalde “ir urbanizando as bolsas de suelo que están en condicións de ser urbanizadas, que se atopan en varias zonas da cidade, sen que ata agora se teñan desenvolto urbanisticamente, nin pasaran a formar parte da trama urbana, para facer de Monforte unha cidade máis compacta, mellor urbanizada, máis bonita e máis atractiva, para os que vivimos nela e tamén para os que nos visitan”.

O prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais dende que se publique o anuncio na Plataforma de Contratación, este xoves día 26 de decembro, polo que o prazo de licitación estará aberto ata o luns 27 de xaneiro de 2025.

Os criterios de adxudicación para a elección da proposta máis vantaxosa serán:

  • Memoria Técnica: 40 puntos.
  • Oferta Económica (prezo): 40 puntos.
  • Ampliación do prazo de garantía: 8 puntos.
  • Pavimentación da rúa Cardenal: 8 puntos.
  • Iluminación viaria: 3 puntos.
  • Mobiliario urbano: 1 punto.

A mesa para a apertura do sobre correspondente á documentación administrativa e á memoria  terá lugar o mércores 29 de xaneiro de 2025 ás 9:00 horas, e a mesa para a valoración da memoria e para a apertura do sobre coa oferta económica e coas melloras terá lugar o mércores 5 de febreiro de 2025 ás 9:00 horas.

O prazo de execución da obra, unha vez adxudicada e asinada a acta de replanteo, será de 6 meses, polo que, “calculamos que as obras van estar rematadas a finais do vindeiro ano 2025”.

Igual que no caso da Zona C, este proxecto vai permitir urbanizar unha pequena bolsa de suelo, abrindo un novo vial peonil con videovixilancia que comunicará a rúa Cardenal co Paseo do Río, pola que so poderán transitar vehículos autorizados, e vai xerar novas parcelas edificables con baixo impacto, unha rotonda na zona cercana ó río, e tamén unha pequena zona verde, que mellorará e porá en valor esa zona que se proxecta cara o monumento da Nosa Señora da Antiga. O vial será a un so nivel, sen beirarruas nen asfalto, sendo de pavimento de baldosa de granito.

“Despois da excelente experiencia da “Zona C”, estamos convencidos de que na “Zona D” ocorrerá o mesmo, aínda que o seu ámbito é máis reducido, pero non menos importante debido á zona na que se atopa”, subliñou José Tomé.

Cando a urbanización estea rematada o reparto dos novos terreos serán:

  • Zonas verdes: 541 m2.
  • Viais: 1.550 m2.
  • Edificables: 1.182,95 m2 dos cales 1.126 m2 poden dar lugar a baixos e 3.958 m2 a uso de vivenda, ou outros usos, que poden dar lugar a algo singular en Monforte.
  • As alturas serán de baixo + 3 na zona que linda co Banco de Bilbao e de baixo + 1 na zona que linda co Paseo do Río Cabe.

ÚLTIMAS

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...