HomeEconomíaMerca en Nadal, Merca en Local, así foi a maratón de compras...

Merca en Nadal, Merca en Local, así foi a maratón de compras dos gañadores monfortinos

A Deputación de Lugo e a Federación de Comercio desenvolven a campaña Merca en Nadal, Merca en Local para apoiar e incentivar as compras nos pequenos negocios da provincia durante esta época de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A maratón de compras para os gañadores monfortinos dos premios de 500€, 1.000€ e 3.000€ da campaña Merca en Nadal, Merca en Local, comezaba na Praza de España de Monforte de Lemos, ás 17.00 horas, coa presenza do Presidente da Deputación, José Tomé Roca, a presidenta do Centro Comercial Urbano (CCU) da vila monfortina, Mari Carmen Núñez, e da Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada.

Tomé Roca acompañou nas primeiras compras á monfortina Sailín Beatriz Maiolino de Hernández, consumidora que resultou agraciada no sorteo público celebrado o 14 de decembro na capital da Ribeira Sacra, que percorreu pola tarde os diferentes establecementos de todo tipo adheridos á campaña. Tamén participaron na xornada Raquel Armesto Mourín, premiada con 1.000€; e Ignacio Silva Porres, con outros 500€.

Esta campaña que a Deputación financia con 50.000€, ten o obxectivo de promocionar o sector comercial de proximidade da provincia e incentivar as vendas na recta final do ano. A iniciativa culminou este venres coa xornada de compras en Lugo; o día anterior, xoves 26, foi en Foz.

Merca en Nadal, Merca en Local / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...