HomeDeportesMáis de 70 nenos/as no Campus de Baloncesto de Nadal en Sarria

Máis de 70 nenos/as no Campus de Baloncesto de Nadal en Sarria

Máis de 70 cativos nacidos entre os anos 2007 e 2017 participan nesta iniciativa, que se iniciou este xoves e se prolonga ata este domingo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este sábado aos nenos e nenas que participan na segunda edición do Campus de Nadal que organiza o Club Baloncesto Sarria co apoio da Xunta.

Durante catro días, os participantes reciben adestramentos adaptados por grupos de nivel para mellorar as súas habilidades na práctica do baloncesto, que se completan ademais con outras actividades deportivas, lúdicas e recreativas para fomentar o traballo en equipo e a convivencia.

Arias felicitou ao club sarriao por “darlle continuidade a este campus que lles facilita ás familias a conciliación” ao tempo que lles ofrece aos menores “unha excelente oportunidade de desfrutar do deporte e doutras actividades que fomentan a participación e a convivencia”.

Campus de Baloncesto de Nadal / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...