HomeEconomíaPublícanse as axudas para a conservación da contorna paisaxística e loita contra...

Publícanse as axudas para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra, por importe de 2 millóns de euros, e que están xestionadas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O prazo de solicitude será dun mes a partir de mañá, 31 de decembro, día seguinte da súa publicación no DOG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As persoas que se poderán beneficiar destas axudas serán aquelas viticulturas que estean inscritas na Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra, as que colaboran, co seu cultivo, na conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos desta DO. Neste sentido, cómpre resaltar que, debido á orografía do terreo, o cultivo do viñedo faise en socalcos con muras de pedra e que estes son sistemas produtivos moi eficientes que determinan o mantemento dunha cultura agraria propia, que axuda a evitar unha erosión incontrolada.

Polo tanto, tense en conta que o cultivo da vide contribúe á singularidade paisaxística da zona e que o sector vitivinícola é un motor económico fundamental para o territorio da Ribeira Sacra, unha área que ademais ten un atractivo turístico en crecemento, favorecido pola súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

A convocatoria de axudas ten dous grupos como destinatarios segundo o sistema de cultivo utilizado. Un deles -o tipo 1- será para o cultivo en socalcos, con muros de pedra e que realizan o traballo de maneira non mecanizada, e o segundo -o tipo 2-, para outros tipos de cultivo do viñedo, sen socalcos ou mediante traballo mecanizado. De entre as 1.300 hectáreas inscritas nesta DO, aproximadamente 700 estarían dentro do primeiro sistema anteriormente mencionado, e para o cal se destinarán 1,4 millóns de euros; e 600 hectáreas no segundo, cun investimento de 600.000 euros.

Por outra banda, a contía individualizada destas axudas para cada beneficiario será, como máximo, de 2.000 euros por hectárea para o cultivo da vide en socalcos de pedra de forma non mecanizada e de 1.000 euros para o que se fai sen socalcos ou mediante traballo mecanizado. Non se concederán axudas superiores a 50.000 euros por persoa beneficiaria.

Estas subvencións forman parte do paquete de medidas comprometidas en setembro pasado pola Xunta para axudar os viticultores desta zona diante das dificultades causadas polos excedentes de viño tinto; como as axudas para a destilación de crise, unha maior divulgación e formación sobre as oportunidades do ecorrexime da PAC de cultivos leñosos en terreos con pendente ou ampliar as campañas de promoción e subvencións para facilitar a recollida de uva.

ÚLTIMAS

Chantada estuda o uso do galego nas inscricións funerarias

A docente do Instituto Val do Asma, Tania Vázquez, respondeu á chamada da intervención...

Este 5 de xaneiro os Reis Magos chegan a Quiroga e Chantada

Este domingo, 5 de xaneiro, achegaranse ata Quiroga as Súas Maxestades os Reis Magos...

Sober mantén o seu ‘idilio’ co Premio María Moliner

A delegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, vén de recoñecer a excelencia da...

Queres coñecer e votar polas mellores fotos do certame de Nadal de Segredos de Pantón?

A asociación dinamizadora Segredos de Pantón vén de facer público o comezo do prazo...