HomeEconomíaDeputación e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra renovan a súa colaboración

Deputación e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra renovan a súa colaboración

Un acordo polo que a institución provincial achega, un ano máis, 25.000€ para axudar cos gastos de promoción e comercialización conxunta do destino Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o máximo responsable do Consorcio da Ribeira Sacra, Luís Fernández Guitián, veñen de asinar no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración anual entre ambas entidades.

“Renovamos o noso compromiso nun ano determinante para a candidatura do territorio a Patrimonio da Humanidade”, sinalou Tomé Roca. Destacou o mandatario provincial que esta colaboración servirá ao Consorcio para sufragar un ano máis o desenvolvemento da súa actividade, que se concreta na xestión de fondos públicos para desenvolver tarefas destinadas a potenciar o sur da provincia como destino turístico.

Entre as diferentes accións levadas a cabo polo Consorcio da Ribeira Sacra este ano, unha das prioritarias foi precisamente a participación nos diferentes trámites da candidatura a Patrimonio da Humanidade, asumindo funcións e partidas do plan de xestión de paisaxe cultural do territorio.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...