HomeCulturaCarballedo presenta programación de Nadal

Carballedo presenta programación de Nadal

O concello aposta polos contos e os xogos para os máis pequenos. Papá Noel, O Apalpador e Os Reis Magos tamén gozarán de especial protagonismo.

Publicado o

- Advertisement -

Chega o Nadal e con el a programación cultural e de lecer de todos os concellos do sur de Lugo. Un deles é Carballedo que presenta unha chea de actividades variadas con especial protagonismo para os contacontos e os xogos.

O xoves 20 terá lugar a videoconferencia con Papa Noel na Aula de Informática ás 11:30 h. e para o domingo 23 está programada a Festa de Nadal dándose a “case concidencia” entre O Apalpador e Papá Noel. Ás 18:00 h. contará contos o xigante do Courel e acto seguido recibirase a Papá Noel. Esperamos que sexa un encontro cordial entre estas dúas figuras típicas do Nadal, unha que vai gañando terreo co tempo e outra que está máis instaurada pola tradición comercial.

Para os días 27 e 28 de decembro, 3 e 4 de xaneiro haberá de 11:30 a 13:00 h xogos lúdicos e educativos de nadal na Aula de Informática. Os días 27 e 3 serán xogos pensados para nenos/as de 5 a 7 anos e os días 28 e 4 para cativos/as de 8 a 12 anos.

A maiores, o 27 está programada unha visita a Pazolandia en Ourense para nenos/as de 6 a 12 anos, o 28 de decembro ás 16:30 h. haberá teatro, coa obra “Queres que cho conte”, e o sábado 5 de xaneiro o narrador Caxoto traerá ao concello o espectáculo de contos “Un paxe en apuros”. Este mesmo día terá lugar o recibimento dos Reis Magos e unha festa infantil. Todo a partires das 18:00 h. no concello.

 

 

 

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...