HomeCulturaSober mantén o seu 'idilio' co Premio María Moliner

Sober mantén o seu ‘idilio’ co Premio María Moliner

Hai uns días deuse a coñecer que o programa "Sober coa lectura" da súa Biblioteca Municipal foi merecedor dun novo galardón, e xa van seis no seu haber.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, vén de recoñecer a excelencia da Biblioteca Municipal de Vilalba polo seu premio María Moliner. Un recoñecemento que vai acompañado de 2.777,77 € e premia o seu destacado labor no fomento da lectura e a inclusión social grazas ao seu proxecto “Redes de saber”. Así mesmo, felicitou e recoñeceu o bo labor das outras Bibliotecas galardoadas na provincia de Lugo: Sober e Ribadeo.

O premio María Moliner, impulsado polo Ministerio de Cultura, recoñece cada ano aos mellores proxectos de animación á lectura en bibliotecas públicas de municipios de menos de 50.000 habitantes.

SOBER, UN DOS TRES CONCELLOS PREMIADOS

A Biblioteca Municipal de Sober, que tamén recibirá os 2.777,77 euros, acada este ano o seu 6º María Moliner. Faino grazas ao seu programa ‘Sober coa lectura’, que inclúe as súas “Merendas con contos” dos venres tarde, e o seu “Faladoiro dos luns”.

COMPROMISO DO ESTADO COAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

A subdelegada sinalou que este investimento é unha mostra máis do compromiso do Goberno co desenvolvemento cultural e social na provincia, fortalecendo o labor das bibliotecas como centros educativos e de cohesión comunitaria.

Con este tipo de iniciativas, o Goberno aposta por garantir o acceso igualitario á cultura e o coñecemento en todos os territorios, especialmente nas zonas rurais, consolidando as bibliotecas como espazos de inclusión e creatividade para todas as xeracións.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...