Homesociedade14 produtores no IV Petiscos de Nadal de Taboada que contou co...

14 produtores no IV Petiscos de Nadal de Taboada que contou co apoio da Deputación

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co Alcalde de Taboada, Roi Rigueira Agromartín, a través do que a institución provincial destinou algo máis de 6.000€ para colaborar coa cuarta edición do mercado Petiscos de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita, organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta), tivo lugar na Praza de Riazón deste municipio o pasado 21 de decembro e reuniu a 14 produtores da Ribeira Sacra.

José Tomé destacou que a Deputación de Lugo colabora ano tras ano con este mercado porque “non só se trata dunha cita que conta cunha gran acollida entre a veciñanza, senón que tamén é un evento que impulsa e pon en valor a gastronomía e a artesanía da nosa terra expoñendo artigos de máxima calidade”.

Ademais dos postos de venda, onde os visitantes puideron adquirir produtos de proximidade e de artesanía, a programación incluíu a actuación musical do grupo tradicional Rechouchíos, un obradoiro para elaborar decoración de Nadal, un espectáculo infantil e familiar a cargo do mago Óscar Fernández, e a actuación do grupo Ailá.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...