HomesociedadeCase 6.500 persoas visitaron os museos de Quiroga durante o 2024

Case 6.500 persoas visitaron os museos de Quiroga durante o 2024

A Oficia de Turismo e os Museos quirogueses veñen de facer públicos os datos das visitas  acadadas durante o pasado ano. Preto de 6.500 persoas adentráronse nos Museos Xeolóxico (3.660) e Etnográfico (2.873). Esta cifra supera as acadadas anteriormente e son os mellores datos dende a súa apertura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas de portas abertas dentro do programa “Coñece os Museos de Quiroga” e a inclusión en programas de diferentes centros educativos, así como o programa turístico “Descubrir Quiroga” contribuíron a acadar estes bos resultados.

O Museo Xeolóxico, dende a súa posta en marcha no ano 2011 recibiu as 28.540 visitas, número que no caso do Museo Etnográfico, que abría as súas portas 4 anos antes, queda fixado en 30.216. Dende os seus comezos suman polo tanto preto de 64.000 as persoas que se achegaron a coñecer este territorio e o do Xeoparque Montañas do Courel a través destes dous recintos museísticos.

A Oficina de Turismo recibiu a 3.624 persoas que se achegaron ata estas instalacións situadas na Casa da Cultura, principalmente para coñecer cuestións relacionadas co Xeoparque Montañas do Courel. No caso da procedencia destes demandantes de información con diferencia encabezan a lista madrileños, seguidos dos barceloneses e galegos. En canto ás consultas a través de chamadas telefónicas sitúase en 524 e 346 as feitas a través de correo electrónico.

Destácase o alcance nas redes sociais. A aplicación en Instagram de turismoquiroga, posta en marcha no 2024, tivo un alcance de 111.429. A páxina web do Concello de Quiroga tivo neste pasado ano 26.786 visitas.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...