HomeCulturaGalegoza no IES de Quiroga

Galegoza no IES de Quiroga

O IES de Quiroga acolle a mostra Galegoza. A canción en galego, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Cultura, Iria Castro, o concelleiro de Servizos sociais, Participación e Dinamización Lingüística, Xosé Manuel Fernández, e concelleira de Educación Maite Pérez visitaron esta mañá o centro, acompañados polo equipo directivo e o profesor de música, que explicaron que empregarán os contidos da exposición noutras actividades do centro como o podcast Ondas Bravas.

A exposicion está formada por unha trintena de paneis que repasan o percorrido histórico da música en galego desde os anos sesenta ata a revolución creativa actual, a través das bandas e solistas máis influíntes en diferentes estilos -ritmos tradicionais revisados e actualizados, pop, rock, canción de autoría, experimentación e electrónica, músicas urbanas, hip hop ou rap-. A mostra incorpora códigos QR cunha ligazón directa a unha lista de reprodución propia do proxecto para poder escoitar unha escolma de temas representativos da evolución descrita nos paneis.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou “a boa acollida que a exposición esta a ter nos centros por parte do profesorado e do alumnado, que ten a posibilidade de achegarse a música en galego cunha perspectiva global e libre de prexuízos” e valorou “a potencialidade das cancións en galego como ferramentas para a dinamización da lingua”. Neste sentido, subliñou que “ o momento excepcional que vive a música en galego e as facilidades de escoita que ofrecen as novas tecnoloxías supoñen unha oportunidade que, con iniciativas coma esta, tratamos de aproveitar”

O concelleiro Xosé Manuel Fernández sinalou o interese da mostra:”Facía falta recoller nunha exposición coma esta a nosa traxectoria como pobo no eido musical, para poñer en valor que tivemos e temos presenza en todos os estilos musicais, podendo presumir ademais de creatividade e calidade”.

Na mesma liña, Maite Pérez destacou “a oportunidade que ofrece para investigar e coñecer novos grupos” e fomentar “a cultura musical, que é parte da nosa vida.

A mostra, comisariada por Pepe Cunha e deseñada pola directora de arte Belén Freijeiro, estreouse o pasado 9 de outubro no IES Xograr Afonso de Sarria e, nas últimas semanas, estivo no IES Pedregal de Irimia de Meira, no IES Lucus Augusti e no IES Río Cabe de Monforte. A próxima parada de Galegoza nesta itinerancia polas comarcas será o IES Lama das Quendas de Chantada.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...