HomeEconomíaO Polígono Agroforestal de Sabadelle poñerá en valor case 39 hectáreas de...

O Polígono Agroforestal de Sabadelle poñerá en valor case 39 hectáreas de terreo en Chantada

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta semana o polígono agroforestal de Sabadelle, situado neste municipio lucense e que permitirá a posta en valor de 38,68 hectáreas de terreo, distribuídas en 114 parcelas de 80 propietarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e polo alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, visitou esta semana o polígono agroforestal de Sabadelle, situado neste municipio lucense e que permitirá a posta en valor de 38,68 hectáreas de terreo, distribuídas en 114 parcelas de 80 propietarios. Neste caso, subliñou Gómez, cobra especial relevancia, como elemento dinamizador, o gando en extensivo, que tamén desempeña un labor socio-ambiental e de prevención de incendios que cómpre ter en conta.

Este polígono xa foi declarado de utilidade pública e actualmente atópase en fase de “Acordo de inicio”. Este é o primeiro paso do procedemento para iniciar o desenvolvemento do polígono agroforestal.

Nesta visita, a titular de Medio Rural explicou que os polígonos agroforestais son instrumentos para a recuperación e posta en produción de terras de boa capacidade produtiva, que se encontren en estado de abandono ou infrautilización ou sexan susceptibles de optimización, coa finalidade de constituír áreas de explotación que garantan a súa rendibilidade.

Seis polígonos na provincia de Lugo Neste contexto, a conselleira salientou ademais que o de Sabadelle é un dos seis polígonos con que conta a provincia de Lugo e que, en conxunto, suman máis de 290 hectáreas, distribuídas en mil parcelas duns 500 propietarios. Trátase, ademais deste de Chantada, dos de Ver (no concello de Bóveda); Loio (Paradela); Xesto (O Saviñao); Barcia (Navia de Suarna) e Carballedo (este último abrangue superficie de dúas provincias, con terreos no municipio lugués de Carballedo e no ourensán da Peroxa). En toda Galicia existen actualmente 34 polígonos agroforestais, cunha superficie mobilizada de máis de 9.500 hectáreas, distribuídas en 9.200 parcelas de case 31.600 propietarios

Polígono Sabadelle / Consellería de Medio Rural

ÚLTIMAS

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...