HomeMedio ambiente e PatrimonioConta atrás para que a candidatura da 'Ribeira Sacra: Paisaxe da auga'...

Conta atrás para que a candidatura da ‘Ribeira Sacra: Paisaxe da auga’ sexa Patrimonio Mundial da Unesco en 2026

Aproveitando que estes días se celebra en Murcia o Consello do Patrimonio Histórico, a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, afirmou ter "boas expectativas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra: Paisaxe da auga para ser recoñecida como Patrimonio Mundial da Unesco en 2026. Así o asegurou a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, na súa participación hoxe no Consello do Patrimonio Histórico, que se está celebrar durante estes días na cidade de Murcia.

“Temos unha candidatura seria, forte e máis que solvente”, enxalzou a representante do Goberno galego, quen defendeu que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está a dar “todos os pasos necesarios” e a “cumprir de xeito rigoroso” cos trámites requiridos co obxecto de que o centro de Patrimonio Mundial da Unesco, situado en París, “teña a documentación definitiva antes do 1 de febreiro”. “E así vai ser”, aseverou.

“Trátase de pasos fundamentais co obxectivo final de que toda a documentación sexa revisada polos organismos avaliadores antes da súa valoración no Comité de Patrimonio Mundial de 2026”, afondou ao respecto.

A finais do mes de setembro, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, entregoulle en París ao embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, o primeiro avance do expediente da candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga. Iceta, con esa información, participou no congreso internacional Fontes celebrado o pasado mes de outubro no concello ourensán de Nogueira de Ramuín. Un encontro que considera como “pulo importante para lanzar a candidatura” a directora xeral de Patrimonio Cultural.

OPTIMISMO DO GOBERNO GALEGO

Por estes motivos, insistiu en que desde o Goberno galego tense a “firme esperanza” de que a declaración de Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra. “Será unha realidade a festexar en 2026 por toda a súa veciñanza; por todos os galegos e galegas e polo resto de España; e tamén, de seguro, que se sumará a esta celebración a comunidade internacional”, concluíu.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...