HomesociedadeEste 23 de xaneiro ábrese o prazo de solicitudes para o Coñece...

Este 23 de xaneiro ábrese o prazo de solicitudes para o Coñece a túa provincia

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este mércores as bases da convocatoria desta tempada 2025, durante a que a institución provincial ofrecerá máis de 3.000 prazas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo abre este xoves, 23 de xaneiro ás 12:00h, o prazo de presentación das solicitudes para participar na quinta edición do programa de viaxes gratuítas para entidades sen ánimo de lucro Coñece a túa provincia.

Os colectivos terán ata o vindeiro 5 de febreiro para presentar a súa documentación no Rexistro Xeral da Deputación ou a través da sede electrónica, accesible na ligazón  https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede. As solicitudes presentadas serán admitidas por orde de presentación, segundo o número de rexistro de entrada ata esgotar as prazas dispoñibles. A relación de entidades admitidas, excluídas e en lista de agarda será publicada tamén no Boletín Oficial da Provincia.

Esta iniciativa, que naceu no ano 2021 co obxectivo de promover o turismo, a hostalería e impulsar a dinamización da economía local, vai dirixida a asociacións e entidades dos 67 concellos da provincia. Desde a súa creación, o programa da Deputación tivo unha gran acollida e, en apenas 4 anos, xerou un importante retorno económico que superou os 600.000€.

Coñece a túa provincia mantén este ano os 44 itinerarios turísticos por toda a provincia e inclúe 7 rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida, reforzando o carácter inclusivo da iniciativa. As excursións concedidas cubrirán todos os aspectos necesarios para gozar dunha experiencia completa, incluíndo transporte, seguros de viaxeiros, menú de xantar, entradas a lugares de interese e a presenza dun guía oficial habilitado durante todo o percorrido.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...