HomeCulturaGalegoza, a exposición de cancións en galego, chega ao IES Lama das...

Galegoza, a exposición de cancións en galego, chega ao IES Lama das Quendas de Chantada

O IES Lama das Quendas de Chantada acolle desde esta semana a mostra Galegoza. A canción en galego, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Cultura, Iria Castro, participou este mediodía na inauguración da exposición na que o comisario e crítico musical, Pepe Cunha, repasou co alumnado de 4 de ESO os contidos dos paneis, un percorrido histórico pola música en galego desde os anos sesenta ata a revolución creativa actual, a través das bandas e solistas máis influíntes en diferentes estilos -ritmos tradicionais revisados e actualizados, pop, rock, canción de autoría, experimentación e electrónica, músicas urbanas, hip hop ou rap-.

Iria Castro animou ás alumnas e alumnos “a escoitar as listas de reprodución que acompañan a exposición com temas de todos os estilos musicais que demostran que o galego non ten límites” e lembrou “o papel que Chantada tivo para a música en galego como berce do Movemento Bravú e proxectos como o Castañazo, que desde o inicio apoiaron as bandas de música en galego”.

A mostra estreouse o pasado 9 de outubro no IES Xograr Afonso de Sarria e, nas últimas semanas, estivo no IES Pedregal de Irimia de Meira, no IES Lucus Augusti, no IES Río Cabe de Monforte e no IES de Quiroga.

ÚLTIMAS

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...