HomesociedadeHerminia provoca 192 incidencias nas estradas provinciais desde o pasado venres

Herminia provoca 192 incidencias nas estradas provinciais desde o pasado venres

A institución provincial mantén despregados 72 operarios e 48 máquinas e vehículos para paliar os efectos das inclemencias meteorolóxicas na rede viaria provincial, onde se rexistraron desde o venres 192 incidencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As situacións máis complicadas que se viviron este luns a causa das precipitacións afectan á Chaira e á Montaña, onde estaba activa unha alerta amarela por neve por riba dos 1.000 metros. A Deputación despegou na zona do Courel -onde se chegaron a acumular 5 centímetros de neve- dúas quitaneves e varias pick ups con cuña, que son máis rápidos e lixeiros para estes espesores.

O venres, sábado e domingo a meirande parte das incidencias que se rexistraron por toda a provincia foron provocadas por caída de arborado sobre a estrada. Das 57 actuacións que se levaron a cabo o sábado, tres foron para resolver a caída de árbores sobre tendido eléctrico, e outras tres por desprendementos. Onte domingo, rexistráronse 85 incidencias, dúas delas polo asolagamento de dúas vivendas situadas ao carón das estradas provinciais.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 78 operarios, 24 medios móbiles, 8 quitaneves, 8 pick ups con cuñas e 8 vehículos de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

Temporal Herminia / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...