HomesociedadeReúnese a mesa do viño da Ribeira Sacra

Reúnese a mesa do viño da Ribeira Sacra

A xuntanza serviu para determinar unha serie de puntos en materia de viticultura, formación ou promoción, nos que se afondará ao longo das próximas semanas con máis reunións nas que se tomarán as primeiras decisións

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, pechou a pasada semana cunha nova reunión da mesa de traballo do viño da Ribeira Sacra na que estiveron presentes o presidente do consello regulador desta denominación de orixe, Antonio Lombardía, e representantes da Asociación Agraria de Galicia e de Unións Agrarias, para poñer en común os puntos nos que se traballará en vindeiras semanas a prol do sector nesta zona.

No encontro, que tivo lugar na sede do Consello Regulador en Monforte de Lemos, avaliouse a situación actual da DO e analizáronse os puntos que son precisos abordar en materia de viticultura, control de produción, formación, comunicación e promoción. Sobre eles, acordouse un tratamento individual de cada un deles nas reunións periódicas que manterá esta mesa do viño da Ribeira Sacra para adoptar as primeiras decisións.

Ademais, nesta reunión tamén se analizaron as medidas xa adoptadas polo Goberno autonómico no pasado ano -destilación de crise, préstamos vendima, ecorrexímenes, poda en verde, axudas mantemento paisaxe-. Ata o 30 de xaneiro está aberto o prazo de solicitudes das achegas para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra.

Por outra banda, e en materia de promoción, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria está presente esta semana na feira Madrid Fusión, na que os viños tintos, entre os que se atopan os da Ribeira Sacra, terán un papel importante a través da organización dunha cata de viños tintos galegos, que estará dirixida polo Master Of Wine, Fernando Zamora. A maiores, tanto o viños como outros produtos galegos de calidade diferenciada estiveron presentes na cea de gala deste evento, que tivo lugar este luns en Madrid.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...