HomePolíticaA CIG e o BNG de Monforte en contra da OEP do...

A CIG e o BNG de Monforte en contra da OEP do concello “porque exclúe ás persoas con discapacidade”

Lembran que nas OEP dos últimos catro anos houbo 30 prazas ofertadas das que ningunha está reservada ao colectivo das persoas con discapacidade. A pesares de que na mesa xeral de negociación a CIG lle solicitou ao Concello que tivera en conta este feito e emendara a situación na OEP de 2025, "o Concello fixo caso omiso da nosa proposta".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 29 de xaneiro, na mesa xeral de negociación celebrada no Concello de Monforte na que se propón e aproba a Oferta de Emprego Público (OEP) para o ano 2025 non se recollía ningunha praza destinada a persoas con discapacidade, segundo apuntan CIG e BNG.

A normativa vixente, no artigo 59 do EBEP, establece que nas OEP das administracións “se reservará unha cota non inferior ao sete por cento das vacantes para ser cubertas entre persoas con discapacidade”.

A este respecto a CIG asegura que Concello de Monforte, “alomenos nas últimas catro OEP, non destinou ningunha praza a cubrir esta cota, polo que están a vulnerar os dereitos das persoas con discapacidade e ademais estase afondando nas desigualdades que padece o colectivo”, denuncia a representación da CIG.

Alegando a necesidade de un emprego digno para todas e todos, e considerando que se está a vetar o acceso ao colectivo de persoas con discapacidade na administración pública, a
representación da CIG votou en contra da OEP 2025 no Concello de Monforte. E aseguran lamentar a falta de sensibilidade de UGT e CSIF que si apoiaron a convocatoria, mentres que CCOO estivo ausente.

Desde o BNG de Monforte apoian a postura da CIG en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, en liña coa moción que presentaron para que a praza de conserxe da Pinguela fora cuberta por unha persoa deste colectivo, cumprindo así a normativa vixente para garantir un acceso igualitario ao emprego público.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...