HomeTerra de LemossanidadeC@urel Vivo organiza unha xornada de primeiros auxilios

C@urel Vivo organiza unha xornada de primeiros auxilios

Serán o sábado 8 de febreiro, con sesións de tarde en Folgoso e en Seoane, e contarán con profesionais médicos coñecedores da materia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo C@urel Vivo, organización política no Concello de Folgoso do Courel, vén de anunciar unha xornada dedicada aos primeiros auxilios que terá lugar o 8 de febreiro. Faranse dúas sesións, unha ás 16:00 h. no Local de Fondo de Vila de Folgoso do Courel; e outra ás 18:00 h. na antiga escola de Seoane.

Na formación, impartida polos seguintes profesionais: Inés López (médica de Urxencias do HULA), María Pose (médica en Atención Primaria de Seoane), e Tania Salgado (médica en Atención Primaria de Folgoso), aprenderase a facer unha RCP (Reanimación Cardio Pumonar) e outros consellos para poder valerlle a calquera persoa que sufra, por exemplo, un atragoamento.

A xornada, segundo trasladan dende a organización, está aberta a toda a veciñanza e ata cubrir os aforos dos locais onde se realizarán.

ATRAGOAMENTOS

O atragoamento acontece cando un obxecto ou materia comestible queda atrancado na gorxa ou na tráquea impedindo a circulación do aire. En nenos pequenos adoita darse con obxectos pequenos e en adultos con pedazos de comida. Se é leve a persoa pode toser e falar, pero se é grave esta corre o risco de morrer porque se corta a osixenación do cerebro.

As mortes por atragoamento van en aumento estes últimos anos, no 2022 chegouse no estado á cifra récord de 3.546 (1.641 mulleres e 1.905 homes).

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...