HomeDeportes3º posto para o Quixós na Copa Ibérica de Slalom

3º posto para o Quixós na Copa Ibérica de Slalom

A competición tivo lugar os días 1 e 2 de febreiro no río Tea do Concello de Mondariz Balneario. Ademais do bronce por equipos, o club monfortino acadou 7 medallas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A pasada fin de semana celebrouse en terras pontevedresas, concretamente en Mondariz Balneario, a Copa Ibérica Slalom (1º competición), proba na que se disputaban a 1ª Copa Galega Novas Promesas Slalom e a 1ª Copa Galega de Slalom Olímpico.

O río Tea foi o escenario que reuniu, ademais de clubes galegos, outros procedentes de lugares como Portugal, Asturias, Euskadi, ou Salamanca. Houbo un gran número de deportistas que demostraron un alto nivel desafiando o complicado percorrido deseñado nas dúas xornadas para o descenso das augas bravas do río pontevedrés.

Un dos moitos rescates tras envorcar un participante. Foto: XMF
Unha imaxe do descenso nas augas bravas do río Tea. Foto: XMF

O club Quixós chegaba a Mondariz Balneario coas expectativas altas, aínda sabendo do complicado que sería alcanzar medallas. Tras unha primeira xornada clasificatoria –sábado 1 de febreiro– chegaba o domingo, día no que nunha soa manga se decidiu a clasificación final cun balance de 7 medallas invididuais e un terceiro posto por equipos para a expedición monfortina.

En relación ao resultado acadado cómpre salientar a achega das mulleres que, grazas ás súas 5 medallas individuais, impulsaron ao Quixós ata o terceiro posto.

Santi Díaz recollendo o trofeo que acredita ao Club Quixós como 3º da proba. Foto: XMF
MEDALLEIRO

O club gañador desta Copa Ibérica de Slalom foi o club anfitrión, o Tea Mondariz Balneario, quedando o Quixós como terceiro despois do equipo portugués do Aventura Marao Clube.

No que respecta a méritos individuais, volveron con medallas para Monforte: Sara Inés Varela, con 2 ouros en Cadete K-1 e C-1; Noa Díaz, con prata en C-1 senior e bronce en K-1 senior; Nerea Gutiérrez, prata en C-1 junior; Santi Díaz, prata en K-1 veterán; e Iván Gutiérrez, bronce en K-1 veterán.

Sara Inés Varela, gañadora de 2 ouros. Foto: XMF
Podium da categoría Veterán K-1 co 2º e 3º posto para o Quixós. Foto: XMF

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...