HomeEconomía2,6M€ para mellorar a pista do canal en Monforte e dar acceso...

2,6M€ para mellorar a pista do canal en Monforte e dar acceso á futura praia fluvial

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, veñen de asinar o convenio para a financiación, execución e entrega das obras de ampliación e mellora da estrada de servizo do canal de regadío da marxe dereita, entre a estrada de Lugo (LU-546), preto da rotonda de Ribas Altas e a estrada de Chantada (LU-517), preto do Salón do Moble.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor monfortino puxo en valor a importancia desta obra para a trama urbanística da cidade pola investimento que prevé este convenio, 2.670.000€ euros, dos que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil aportará o 100% en 3 anualidades (80.000€ en 2025, 1.360.000€ en 2026 e 1.230.000€ en 2027).

O Presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, recalcou o interese público desta actuación, que é beneficiosa para ambas partes, porque “esta pista creouse para dar servizo ó Canal hai case 60 anos, e hoxe é practicamente un vial interurbano e necesita ser mellorado como tal”.

O acordo asinado supón que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, redactará o Proxecto, licitará as obras, financiará o 100% do custe das actuacións e fará entrega da estrada ó Concello cando rematen as obras.

Neste senso, o borrador do proxecto xa está feito por técnicos da propia Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Alcalde explicou que “eu mesmo acompañeinos para definir o tipo de obras que son necesarias, sobre todo no acceso á Praia Fluvial e tamén na zona das Barrioncas.”

Pola súa banda, o Concello aprobará o proxecto construtivo de forma que substituirá a licenza de obra que non será necesaria. Recibirá a infraestrutura que resulte das obras e pasará a incluirse no inventario de bens. Xestionará, explotará, manterá e conservará as obras deste convenio.

Obras a desenvolver

A actuación consistirá no arranxo dun treito de 5 quilómetros entre a estrada de Lugo (LU-546) e a estrada de Chantada (LU-517). Os primeiros 350 metros lineais da nova estrada, dende o seu inicio na LU-546, ampliarase a plataforma a un ancho de 9 metros, co fin de incluír 2 carrís de 3 metros de ancho, un arcén de 1 metro xunto ó canal e un paseo de 2 metros de anchura na marxe que linda coa Praia Fluvial. Este treito incluirá tamén un carril central adicional para a incorporación e para a saída da futura zona de recreo que se pretende executar polo Concello xunto á marxe dereita do río Cabe, polo que, nesa zona, o ancho da estrada nova será de 12 metros.

Os outros 4.650 metros lineais, manterán unha anchura de calzada de 6 metros, 2 carrís de 3 metros cada un.

Nos 5 quilómetros de lonxitude da zona de actuación, substituirase o firme de dobre tratamento superficial existente, por unha capa de aglomerado en quente. As obras completaranse con barreiras de protección onde sexan necesarias, así como actuacións de drenaxe e estabilización de taludes no paraxe coñecido como “As Barrioncas”, situado a uns 900 metros de distancia do inicio das obras.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...