HomePolíticaO PP denuncia o "abandono" das estradas provinciais de Ribas de Sil

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

“Que ten que pasar para que José Tomé, PSOE e BNG se tomen en serio a seguridade na rede de estradas provincial?”. Así de contundentes se amosan o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, e a voceira do PP en Ribas de Sil, Sandra Macía, tras ver como a estrada LU-P-5303 está nun estado “moi deficitario” a pesar de que “hai meses que alertarmos da súa situación e nada fixeron”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas por mor das filtracións de auga o que provocou que, ao seu paso por Torbeo, “sexa case imposible circular”.

Antonio Ameijide recorda que nesta estrada, tanto os veciños como dende o Grupo Provincial Popular, xa se ten pedido en varias ocasións que se melloraran as medidas de seguridade, sobre todo ao paso pola aldea de San Lorenzo, onde hai unha caída de varios metros. “Esta estrada supón un gran perigo para os condutores xa que carece, na maior parte do seu percorrido de biondas ou dos elementos de seguridade precisos para evitar a caída dun vehículo polos numerosos taludes que hai ao longo desta estrada”, sinalou.

Pola súa banda, a voceira popular en Ribas de Sil, Sandra Macía, fai patente o malestar e enfado dos veciños que ven “como dende a Deputación de Lugo non se lles fai caso algún nas súas reclamacións” e sinala que “todos teñen moito medo de circular por esta vía” debido ao perigo que supón, xa que “ademais das gretas e roturas que presenta, tamén hai puntos con corrementos de terra”.

LU-P-5303 / PP provincial

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...