HomeDeportesO Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou esta fin de semana na presentación oficial da tempada 2024/2025 do Club de Baloncesto Sarria, que tivo lugar no pavillón do Chanto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que compiten en primeira división, en segunda autonómica e na liga provincial. Ademais, teñen outros dez equipos formados por uns 270 nenos e nenas de diferentes colexios da comarca.

Arias gabou a traxectoria da entidade, “que leva décadas fomentando o deporte de base no concello de Sarria e na contorna”. Salientou que a Xunta colabora cos clubs e agrupacións deportivas de toda a provincia mediante distintos programas de apoio para realizar actividades e mellorar equipamentos e instalacións.

Club de Baloncesto Sarria / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...