Homesociedade3ª edición de “O Camiño Creativo” en Monforte

3ª edición de “O Camiño Creativo” en Monforte

A iniciativa celebrarase durante os días 13 e 23 de abril, coincidindo coa Semana Santa, e potenciará o emprendemento e a promoción da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
re
- Advertisement -

A 3ª edición do Camiño Creativo terá lugar os días 13 e 23 de abril coincidindo coa Semana Santa. Coincidencia que, en palabras de Gloria Prada, tenente de Alcalde de Monforte de Lemos, “consideramos un acerto que se elixiu a nosa cidade, Monforte de Lemos, e a Ribeira Sacra, para o comezo da 3ª edición do Camiño Creativo”. O apoio económico por parte do concello para esta actividade será de 5.000 euros e o da Deputación de Lugo de 10.000.

Previamente, a cidade de Monforte acollerá, do 11 ó 13 de abril o Encontro Nacional de Emprendedores Creativos, “que poñerá a súa énfase na creación dun ecosistema creativo e emprendedor na Ribeira Sacra, que servirá para apoiar ese obxectivo común polo que tanto estamos a loitar tanto, para que alcance a designación de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”, destacou Prada.

O CAMIÑO CREATIVO A SANTIAGO 2025

A 3ª edición do Camiño Creativo no Camiño de Inverno presentouse este martes en Santiago de Compostela, participando no acto, entre outras e outras autoridades, Anxo M. Lorenzo, representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada; e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.

A 6ª etapa transcorre por Monforte de Lemos e contará con 20 emprendedores que desenvolverán a súa idea de negocio ao tempo que percorren os 133,4 quilómetros da ruta xacobea entre esta cidade e Santiago de Compostela. Unha iniciativa que, segundo explicou Gloria Prada, “impulsa a creatividade, o talento e a innovación, potenciando o emprego e o autoemprego, a través do emprendemento no sector das Industrias Culturais e Creativas, e ligado á paisaxe”.

O Director Xeral de Cultura agradeceu este “orixinal e entusiasta pulo” á candidatura da Ribeira Sacra –cuxa documentación definitiva xa está entregada na sede da Unesco en París– difundindo o “importante patrimonio cultural que atesoura este tramo de Camiño”.

En palabras de García Porto, aplaudindo a iniciativa que apoia tamén o organismo provincial, “combinar a formación e o networking coa experiencia persoal nun entorno inspirador beneficiará, non só aos 20 emprendedores que se animen a formar parte desta iniciativa, tamén servirá de promoción do territorio e do Camiño de Inverno”.

Intervención de García Porto. Foto: Prensa Deputación de Lugo.

No ano 2021, a cidade de Monforte acolleu outras xornadas organizadas por España Creativa e o concello, denominadas “O Camiño Creativo- Xacobeo 2021 emprende”, que reuniron a máis de medio cento de emprendedores.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...