HomePolíticaO PP de Monforte esixe solucións para que Distriz e Piñeira "deixen...

O PP de Monforte esixe solucións para que Distriz e Piñeira “deixen de estar incomunicadas”

Dende o Grupo Municipal do PP de Monforte esixen a José Tomé que dea unha solución inmediata para os veciños das parroquias de Distriz e Piñeira, ambas incomunicadas dende fai un mes por unhas obras de arranxo da estrada que se iniciaron e non se remataron.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, asegura que a veciñanza destas parroquias está descontenta por ter a estrada cortada por obras, “os traballos levan un mes parados, desde o comezo das obras instaláronse unhas marcas que cortan a comunicación entre as parroquias”.

“O descontento entre os veciños é moi grande xa que o único que falta neste tramo son as arquetas e como consecuencia ambas parroquias atópanse incomunicadas entre si e o acceso tanto do polígono como desde a estrada de Sober vese interrompida polas mesmas”, sinala Varela.

Katy Varela insiste na necesidade de dar unha solución urxente a estas parroquias para que retomen a normalidade.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...