HomeCulturaQuiroga celebra o Desfile de Entroido o 2 de marzo

Quiroga celebra o Desfile de Entroido o 2 de marzo

O desfile sairá ás cinco da tarde dende a rúa Piscinas para percorrer a rúa Real ata a Casa Consistorial onde rematará cun baile de disfraces animado pola charanga Os Caliqueños e unha invitación a chocolate con churros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste concurso desfile poden participar todas as persoas que o desexen, tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando se acollan  as dúas modalidades de participación estipuladas: a Modalidade comparsa (integrada polo menos por dez membros) e a Modalidade disfrace individual (que como  máximo agrupará tres membros por disfrace).

Cada participante nomeará un representante para formar parte do xurado, polo que o xurado cualificador estará composto por tantos membros coma comparsas e disfraces participen no desfile. Os integrantes do xurado despois de asistir ao desfile,  valorarán   a  cada comparsa menos á que representa, valorarán  a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración de vestiario e a elaboración da carroza.

Para a modalidade de comparsa establécese un primeiro premio de 600 €, un segundo premio de 400 € e un terceiro premio de 300 €. O resto das comparsas participantes recibirán 100 €. Para a modalidade de disfrace individual haberá un único premio ao mellor disfrace dotado con 60 €. Estes premios, que estarán suxeitos ao disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, entregaranse na rúa Real, diante do Concello, ao remate do desfile.

Para participar no desfile é preciso inscribirse, presentando a documentación esixida, antes do 26 de febreiro na Casa da Cultura ou na Sede electrónica do Concello de Quiroga, onde tamén se poden consultar as bases.

O luns día 3 de marzo os máis pequenos contarán coa súa festa de disfraces a partir das cinco da tarde.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...