HomeSucesosInvestigado un home por un delito de roubo con forza nunha discoteca...

Investigado un home por un delito de roubo con forza nunha discoteca de Quiroga

Un home permanece investigado pola Garda Civil polo suposto roubo de varias portas e xanelas metálicas que formaban parte das antigas instalacións dunha discoteca que funcionou en Quiroga na década de 1990.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo vén de informar o Instituto Armado, o 20 de xaneiro recibiron información sobre o roubo cometido neste vello local de lecer nocturno, o que motivou a apertura dunha investigación. Os axentes solicitaron datos sobre un vehículo de alta gama de cor negra que, supostamente, merodeara na zona da antiga discoteca durante os días dos feitos.

Nun dispositivo de control no centro de Quiroga, a Garda Civil logrou identificar ao condutor deste coche que, no seu interior, transportaba unhas portas de aluminio, unha mochila, dous coitelos de grandes dimensións, unha machada e un martelo.

Tamén posuía unha bolsa con 50 gramos de marihuana e carecía de permiso de condución, seguro e da ITV en vigor. Por todo iso, o individuo figura como investigado no xulgado por un delito de roubo con forza e outro contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...