HomesociedadeImportante desconto de benvida para formar parte do CCU de Monforte

Importante desconto de benvida para formar parte do CCU de Monforte

A asociación dinamizadora do comercio local ten en marcha unha campaña de captación de socios/as dirixida a comercios minoristas, salóns de peiteado e centros de beleza. Os negocios que se asocien antes do 22 de febreiro pagarán só un 50% da primeira cota semestral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte busca aumentar o número de asociados/as para seguir potenciando o comercio local. Con este obxectivo impulsa unha campaña na que ofrece un 50% de desconto na primeira cota semestral para os negocios que se asocien antes do 22 de febreiro.

A entidade lembra, entre outras, algunhas vantaxes por formar parte do CCU: maior visibilidade ao participar en promocións e campañas colectivas, máis clientes e consumidores que chegan grazas ás actividades dinamizadoras que se realizan durante o ano e máis forza para negociar coas administracións á hora de obter subvencións. Ademais, os asociados e asociadas benefícianse cada ano de recibir información de moito interese, como por exemplo, as convocatorias de subvencións, de obter descontos en contratos publicitarios cos medios locais e tamén en ter acceso de balde a formacións teóricas e prácticas.

A campaña xa está a dar resultados, comentan dende a xerencia, pois xa se deron de alta oito novos negocios: Librería Pelayo, Dinámica Monforte, Kyri Mascotas, Papelería Cruceiriño, Chuladas y Más, Brenda Shop, Torres Mobiliario e Sim-Sistemas Informáticos Maykell. Ademais, hai tres empresas máis que teñen interese e están a piques de formalizar a súa adhesión.

Nos últimos anos, malia as dificultades que enfronta o sector comercial, o número de establecementos asociados mantívose arredor das 150 empresas, o que consolida ao CCU de Monforte como o maior colectivo empresarial da Ribeira Sacra na actualidade, e tendo en conta que o seu ámbito de actuación limítase exclusivamente ao núcleo urbano de Monforte. A asociación segue sendo unha das principais ferramentas de dinamización económica e social da comarca, promovendo iniciativas que fortalecen o comercio local e xeran un impacto positivo no tecido empresarial da zona.

Para rematar, dende a xerencia lembran tamén que “o CCU Monforte continúa traballando activamente na representación, promoción e defensa dos intereses do comercio local, impulsando campañas e eventos que fomentan o consumo nos establecementos de proximidade”.

PARA CONTACTAR

Os negocios interesados en formar parte do CCU Monforte poden contactar coa asociación a través do teléfono: 982 404 767, do formulario de contacto da web www.ccumonforte.com, ou das Redes sociais: @ccumonforte

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...