HomeDeportesO XI 'Quiroga Trail Challenge' a poucas horas do seu comezo

O XI ‘Quiroga Trail Challenge’ a poucas horas do seu comezo

Esta tarde tivo lugar a entrega de dorsais e a charla técnica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comeza a fin de semana da festa do Trail Galego, a XI edición do Quiroga Trail Challenge, un evento que organiza o Club de Montaña Montouto en colaboración coa área de deportes do Concello de Quiroga. Trátase dun dos trails máis esixentes e espectaculares do noroeste peninsular e que levará a 1250 corredores a percorrer os montes do Xeoparque Montañas do Courel.

O pavillón municipal foi esta tarde o punto neurálxico do evento, lugar no que tivo lugar a entrega de dorsais. A continuación, e xa no Auditorio Municipal, houbo unha charla técnica a cargo de Blas Rodríguez, director da carreira. Neste punto ultimáronse os detalles da proba e con expectativas dunha climatoloxía favorable para afrontar as duras probas programadas.

O alcalde, José Luis Rivera xunto con varios concelleiros e Roberto Castro, alcalde de Ribas de Sil, daban a benvida e agradecían o traballo a organización e os voluntarios e desexaban os participantes que gozaran de todo o potencial que ofrecen os montes do Xeoparque. O concelleiro de deportes, Antonio Marcos, destacaba tamén que “esta proba está en todos os calendarios a nivel galego e nacional e queremos que siga transcendendo para dar a coñecer o noso precioso territorio”.

ÚLTIMAS

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...

Unha trintena de persoas fórmanse no sector vitivinícola grazas a un curso organizado pola APEHL

A acción formativa estivo impartida polo Instituto Galego do Viño. O seu director, Xoán...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

30.000€ para mellorar o equipamento do Matadoiro Municipal de Sarria

Os fondos permitirán ao Concello mercar e facer unha obra de instalación dun box...