HomePolíticaO PSdeG critica os Orzamentos Xerais do Estado para o sur de...

O PSdeG critica os Orzamentos Xerais do Estado para o sur de Lugo

Os socialistas lucenses propoñen incrementar en 33,1 millóns de euros os presupostos para investir na provincia

Publicado o

- Advertisement -

O Secretario Xeral do Partido Socialista na Provincia, Álvaro Santos, e a Presidente do PSOE e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, valoraron os Presupostos Xerais do Estado de 2018 para a provincia, que aprobou “a alianza do PP e Ciudadanos, ofrencendo ós lucenses un orzamento mutilado e sendo os verdugos do progreso de Lugo”.

As propostas do PSOE no tocante ao sur de Lugo son,

  • 150.000 euros para un estudo que permita o reforzo do tren de cercanías na provincia, atendende ás reiterdas demandas de concellos como é Sarria
  • 1.6 millóns de euros para a supresión dos pasos a niveis na provincia
  • 150.000 euros para o estudo da Líña de alta Velocidade Ponferrada-Monforte necesaria para que a provincia figure no Corredor Atlántico de Mercadorías
  • 200.000 euros para a A-72 de Monforte e Chantada
  • 1.4 millóns de euros para a A-76 de Monforte a Ourense
  • 1 millón de euros para mellorar a N-120 de Castro de Ferreira de Pantón ao límite municipal de Monforte de Lemos
  • 300.000 euros para a Ronda Urbana, conexión antiga e nova da N-120 en Monforte
  • 300.00 euros para dotar das instalacións necesarias á plataforma de carga e descarga do Porto Seco de Monforte
  • 300.000 euros para a Ponte Aceña sobre o Río Cabe en Monforte
  • 300.000 euros para unha nova Comisaría de Policía Nacional en Monforte

O PSOE tamén propuxo un plan especial de 10 millóns de euros encamiñado para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade ademais de un plan de emprego para as 4 provincias galegas de 50 millóns de euros; un plan de impulso da castaña de 2.5 millóns e un plan de prevención de incendios e rexeneración forestal para Galicia de 25 millóns.

investimento da deputación de lugo

Por outra banda, a presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, declarou que, “dende este Goberno levamos ao vindeiro Pleno, o próximo martes 29, novas propostas para investir máis de 25 millóns de euros nos 67 concellos da provincia co obxetivo de contribuir á mellora da calidde de vida dos máis de 300.00 veciños de Lugo”.

Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos/Deputación de Lugo

Deste xeito, o presidente manifestou a súa intención de engadir 4.2 millóns de euros de remanente aos Orzamentos 2018, sendo máis investimentos na provincia. Entre todos eles destacan os 200.000 euros para dotar dunha canceira á zona sur da provincia, que dea servizo a 22 Concellos e que se construirá en Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...