HomeEconomíaInscricións de novas viñas en suspenso en concellos que non teñan aprobada...

Inscricións de novas viñas en suspenso en concellos que non teñan aprobada unha delimitación planimétrica

O Consello Regulador iniciará a delimitación planimétrica contemplando os terreos susceptibles de estar amparados pola D.O. Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra reuniuse o pasado 10 de febreiro de 2025 para aprobar a suspensión temporal, por solicitude da Comisión de Viticultura e ata o 15 de agosto de 2025, das inscricións de novas viñas no rexistro de viñas da D.O. Ribeira Sacra. A excepción a esta suspensión aplicarase para naqueles concellos nos que a súa delimitación planimétrica estea aprobada polo pleno do consello regulador antes da devandita data.

O Consello Regulador procede deste xeito a iniciar a delimitación planimétrica do territorio onde figuren os terreos susceptibles de estar amparados pola D.O. Ribeira Sacra. Esta información, unha vez aprobada polo pleno do Consello Regulador, será publica para toda persoa interesada na súa consulta.

INSCRICIÓNS E OUTROS TRÁMITES NO REXISTRO DO CONSELLO REGULADOR

Os viticultores poden seguir solicitando inscricións de novas parcelas pero só se resolverán antes da devandita data se o concello no que están xa foi delimitado. Para os concellos que non dea tempo a delimitalos nesta campaña as solicitudes analizaranse polo órgano de control e, de ser o caso, pola Comisión de Viticultura a partir do 15 de agosto deste ano. O resto de cambios no rexistros do Consello (cambios de titular, cambios de variedades,…) seguiran realizándose como ata agora.

“Esta é unha das medidas encamiñadas en avanzar pola senda de calidade dos produtos amparados pola D.O. Ribeira Sacra, para situar a D.O. como unha zona vitícola referencial no estado”, comentan dende o Consello Regulador.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...