HomesociedadeAdxudicadas as obras do cemiterio vello municipal de Monforte por 198.000€

Adxudicadas as obras do cemiterio vello municipal de Monforte por 198.000€

O proxecto será desenvolto pola empresa Nature Infraestructuras y Servicios, S.L., adxudicataria das obras, e conta cun prazo de execución de 6 meses dende a sinatura da acta de replanteo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Xunta de Goberno celebrada este 10 de febreiro aprobou a adxudicación das obras de reforma integral do Cemiterio Vello municipal, á empresa Nature Infraestructuras y Servicios, S.L. por un importe de 198.319€.

O proxecto de mellora ideado para o Cemiterio municipal afecta ás súas vías interiores, os camiños que vertebran o Cemiterio, que forman parte da rede viaria municipal, en concreto, 80 rúas secundarias do cemiterio. As rúas principais desta zona, así como as dúas ampliacións levadas a cabo no cemiterio, contan con rúas pavimentadas.

Na actualidade estas rúas están sen pavimentar ou con pavimentos realizados en pequenas áreas, sen conexión entre eles, defectuosos, con distintos niveis e deteriorados, que provocan humidades e incluso a entrada de auga nas sepulturas inferiores, cousa que se solucionarán coas novas obras.

As actuacións de mellora no pavimento das vías que se levarán a cabo abarcarán unha superficie total de 3.199,50 m², e desenvolveranse en 5 fases que se corresponden con 5 zonas diferenciadas, que serán as seguintes:

  • Fase 1 (Zona Noreste): con actuacións de mellora en 708,60 m².
  • Fase 2 (Zona Sureste): en 718,60 m².
  • Fase 3 (Zona Noroeste): en 697,70 m².
  • Fase 4 (Zona Suroeste): en 703,70 m².
  • Fase 5 (Zona Sur): en 370,90 m².

As obras nas 5 zonas licitáronse conxuntamente e realizáranse de xeito continuado por fases para afectar o menos posible a actividade do cemiterio.

As obras que se levarán a cabo para a mellora das devanditas zonas, que posúen unha tipografía practicamente horizontal, consistirán na explanación do terreo, a demolición da soleira actual, coa colocación dun novo firme de formigón, así como coa colocación dunha rigola para recollida de augas pluviais, con sumidoiros para recollelas e que se conectarán á rede de pluviais existente, nas rúas principais.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...