HomesociedadeA MAVI que promove a educación en igualdade de xénero chega a...

A MAVI que promove a educación en igualdade de xénero chega a Taboada

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, defendeu este martes en Taboada a necesidade de concienciar e formar á poboación en igualdade de xéneros, sobre todo á mocidade, para previr e detectar todas as formas de violencia de xénero e erradicar o machismo. Fíxoo durante o acto de entrega da “MAVI, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada presentou este programa, que posibilita que a cidadanía teña acceso a materiais impresos de distinto formato que versan sobre igualdade e feminismo. Participaron do acto o alcalde de Taboada, Roi Rigueira; a concelleira de Igualdade, Patricia María Conde e a Xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación, Mª Luisa Castro.

Isabel Rodríguez agradeceu a colaboración do Goberno local para materializar esta actividade, que en Taboada se desenvolverá no Instituto de Educación Secundaria. Salientou, así, o carácter municipalista desta iniciativa desenvolvida dende a Subdelegación do Goberno, recalcando o importante papel que xogan os concellos para que este tipo de campañas cheguen á maior parte da poboación, e especialmente á poboación das zonas rurais que teñen máis dificultades para acceder a materiais de esta natureza.

A maleta viaxeira MAVI recolle doce libros, dirixidos a todo tipo de público, e inclúe un diario onde as persoas que participen poidan expresar as súas reflexións e opinións sobre os libros e as experiencias que tiveron a través da lectura.

Isabel Rodríguez lembrou que na loita contra este tipo de violencias é indispensable a educación e o fomento da lectura. “Por ese motivo estamos a mover pola provincia estas lecturas que abordan temáticas que favorecen un pensamento crítico e de adopción dunha actitude de repulsa ante comportamentos machistas e discriminatorios, así como a perpetuación dos estereotipos e roles de xénero”.

A subdelegada celebrou a boa acollida que ten o programa na provincia, e lembrou que, nos últimos meses, MAVI xa percorreu bibliotecas, centros sociais e educativos de concellos como como Burela, Meira, Monforte, Vilalba ou Sarria e tamén visitou os centros penitenciarios de Bonxe e Monterro

ÚLTIMAS

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...