HomeCulturaObradoiros, maxia e contos no Incio

Obradoiros, maxia e contos no Incio

O concello ten programadas, para esta semana e para a seguinte, interesantes actividades centradas no público familiar.

Publicado o

- Advertisement -

Os días 26 e 28 de decembro haberá un interesante obradoiro de debuxo para nenas/os de 5 a 12 anos baixo o título “O Incio, unha historia, un debuxo”. Nel os máis pequenos coñecerán algunha historia curiosa do concello e tratarán de levala ao papel, a través do guión e da ilustración.

O día 26 desenvolverase de 17:00 a 19:00 h. na Sala de Lectura da Casa do Concello e o día 28 de decembro co mesmo horario pero no local social de Vilademouros.

Esta actividade está impartida polo debuxante quirogués Xosé Manuel Fernández, colaborador en varias publicacións a nivel nacional.

Chegando xa á fin de semana, continúa o III Festival de Maxia nas Parroquias coas dúas últimas actuacións. O sábado 29 o Mago Samuel Moreno levará o seu espectáculo ao local social de Cervela ás 18:00 h. e o domingo 30 o Mago Paco actuará á mesma hora no local social de Vilademouros.

O domingo 30, pero en horario de 10:30 a 13:30 h. na antiga nave gandeira da Cruz do Incio terá lugar o espectáculo “Planetario Ciencia Kids – Fulldome Space”.

E chegando xa o novo ano, para o 4 de xaneiro está programado o espectáculo de monicreques e contos “A historia de Brancaflor” a cargo de Fran Rei. Será no Salón Multiusos do concello ás 18:00 h.

O 6 de xaneiro ás 18:00 h. visita dos Reis Magos, agasallos, chocolate e degustación de roscón de reis e biscoito aos presentes. Esta actividade está organizada por Asociacións Culturais do Incio.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...