HomePolíticaCourel Vivo solicita un obradoiro de atención sociosanitaria no municipio

Courel Vivo solicita un obradoiro de atención sociosanitaria no municipio

A formación política asegura que nos últimos anos, moitos usuarios con diferentes graos de dependencia recoñecidos viron como se lles reducían horas e mesmo se lles quitaba o servizo. Presentan así varias propostas para mellorar a situación do servizo e paliar a falta de persoal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel enfróntase a unha situación de despoboamento e envellecemento poboacional que fai imprescindible reforzar os servizos sociais no territorio. A poboación maior de 80 anos supón unha porcentaxe significativa dos habitantes do Courel, moitos dos cales residen en aldeas dispersas con acceso limitado a servizos básicos.

Courel Vivo asegura que noutros concellos nunha situación similar funcionou solicitar obradoiros Duais de formación de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio. Foi o caso de Concellos como Cualedro e Oímbra, Baiona e Nigrán, Coiros, Verín, Arteixo…etc. Como beneficios deste tipo de inciativa CV destaca:

  1. Acceso á formación sen ter que saír do Courel: A veciñanza que queira obter a titulación en Atención Socio-sanitaria poderá facelo sen necesidade de desprazamentos longos, aforrando tempo e cartos.
  2. Atracción de alumnado doutros municipios: A posta en marcha deste obradoiro podería converter ao Courel nun punto de referencia para a formación en servizos sociais, traendo persoas interesadas en estudar e traballar na zona.
  3. Creación de emprego estable: Unha vez rematada a formación, moitos dos participantes poderían incorporarse ao servizo de axuda a domicilio ou a outros programas sociais, xerando postos de traballo no municipio.
  4. Mellora da calidade de vida das persoas maiores e dependentes: Ao contar con máis profesionais formados no propio concello, poderase garantir unha atención máis próxima, rápida e eficiente. Permitiría que moitos veciños e veciñas puidesen permanecer no seu fogar con máis seguridade e benestar. Dado o envellecemento da poboación, a necesidade de reforzar os servizos sociais no rural e a oportunidade de crear emprego local, consideramos que é fundamental poñer en marcha un Obradoiro de Servizos Sociais no Courel.

Por todo o exposto anteriormente, solicitan:

  • Que o Concello de Folgoso do Courel presente para o ano a Subvención a obradoiros duais de emprego a Obradoiro de SSCS0108/ ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO.
  • Que paralelamente se busquen activamente liñas de financiamento a través de fondos europeos, autonómicos e provinciais para garantir a viabilidade do Servizos Sociais no Courel.
  • Que tras unha edición deste Obradoiro, se contemple solicitar SSCS0208/ ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS para a formación de persoal para a futura Residencia.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...