HomeCultura“Auga. O sangue da terra” do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel a exposición...

“Auga. O sangue da terra” do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel a exposición no Espazo+60 de Afundación

 “Auga. O sangue da terra” realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, ou deserto de Atacama foron fotografados polo monfortino Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto expositivo que ten como obxectivo valorar a auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Espazo +60 de Afundación, no número 18 da rúa Cardeal de Monforte inaugurouse esta semana a exposición “Auga. O sangue da terra” do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel, “Piro”. A mostra permanecerá aberta ata o 26 de marzo, podendo visitarse de luns a venres en horario de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 20.00 horas.

Trátase dunha exposición fotográfica que ten como obxectivo concienciar á poboación sobre a importancia do uso racional e responsable da auga. Esta exposición chega a Monforte, logo de que hai uns días o Alcalde asinara con Abanca e A Fundación Galicia Obra Social, un convenio de colaboración.

As imaxes da exposición distribúense en diversos bloques:

Os estados da auga recolle fotografías tomadas en Nova Zelandia. No primeiro caso o traballo centrouse en plasmar o paso da auga en estado sólido a líquido e, ao mesmo tempo, os engarces entre a montaña e o mar.

A auga e a vida conforma o segundo bloque con imaxes de dous lugares do continente asiático. Un deles é Varanasi, na India, por onde pasa o río Ganges, que é parte da vida espiritual dos hindús e é destino sacro de peregrinación. O segundo lugar é Longshen Guilin, na China, onde o manexo da auga por parte do ser humano determinou a paisaxe. As ladeiras reconstruíronse con terrazas nas que se cultiva o arroz.

Vivindo na escaseza é o último bloque que trata sobre a escaseza e ausencia de auga. Inclúe imaxes de Malí e os seus pescadores bozo, quen, aproveitando a época seca, recollen todo o peixe que poden no río Níxer para despois vendelo. A escaseza de auga tamén se ilustra con imaxes do deserto de Atacama, en Chile, onde a seca deu lugar a unha paisaxe lunar.

José Tomé salientou a importancia “desta magnífica exposición” e animou a visitala a todos os monfortinos e “especialmente ós nenos e nenas para que lles motive e lles faga reflexionar sobre a importancia que ten a auga para o ser humano”. O Concello de Monforte de Lemos e ABANCA, veñen desenvolvendo ó longo dos últimos anos unha intensa labor de colaboración no ámbito sociocultural, coa organización de diversas exposicións de gran interese para a cidadanía, e que ubican no Espazo +60 que Afundación ten en Monforte.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...