HomesociedadePreséntase a programación da XXXIII Festa do Caldo de Ósos de Taboada...

Preséntase a programación da XXXIII Festa do Caldo de Ósos de Taboada que se celebra a primeira fin de semana de marzo

Este xoves ao mediodía, coincidindo co día de feira en Taboada, deuse a coñecer a programación da Festa do Caldo de Ósos que se celebrará na primeira fin de semana de marzo, nun acto entre a veciñanza, no que estiveron presentes, os responsables municipais e os representantes das Institucións públicas que apoian a celebración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concelleiro de cultura de Taboada e organizador da Festa, Manuel Diéguez, exerceu de anfitrión do acto no que resaltou que a festa é moito máis ca unha celebración gastronómica, “un símbolo territorial e identitario, unha mostra tanto da cultura como da natureza que define as raíces de Taboada”. E tamén destacou que é a festa, o compromiso coas tradicións locais, unha pegada de identidade.

Colocou o acento en celebrar non só a riqueza do caldo e a inmensa abundancia das mellores materias primas do territorio, senón tamén en todo o Patrimonio Inmaterial vencellado á receita e ao ritual.

Participaron na presentación dende a Xunta e Galicia, Carmen José López, directora de emprego e comercio e dende a Vicepresidencia da Deputación Provincial, Iria Castro, Deputada de cultura, institucións que apoian a iniciativa; ademais do Alcalde de Taboada, Roi Rigueira.

A celebración pretende ser un recoñecemento e homenaxe ás mulleres de Taboada, ao seu valor de coidar, gardar e continuar a transmitir o legado non só do caldo, senon do patrimonio inmaterial e da identidade cultural. 

A programación conta con actividades para todos os públicos destacando o pregón, o domingo ás 13.35 horas, a cargo da Olga Novo, Premio Nacional de Poesía no 2020 e a degustación gratuíta do Caldo de Ósos que ofrece despois do pregón o gremio de hostalaría.

O sábado abrirase a cita con música e a inauguración da exposición “As donas do Caldo de Ósos”, na que catro fotógrafas, retratan doce mulleres de Taboada, nas súas cociñas. Ás 20:00h comezará a Ruta osovinícola polos bares de Taboada. O documental “O Caldo de Ósos nas túas mans” proxectarase ao longo da fin de semana no Cuartel Vello.

O domingo o recinto feiral abrirá ás 11:00h e haberá distintas actuacións musicais. Ás 19:00h celebrarase na Praza de Riazón o obradoiro “Culleres foliadeiras” e tamén se contará cunha cata maridaxe a cargo de Suso Costela, o Caldo de Ósos con DO Ribeira Sacra. Ás 21:30 tamén na praza de Riazón haberá degustación gratuíta de produtos do porco. O fin de festa farase con música da Orquestra Saudade.

Caldo de Ósos Taboada presentación 2025 / Delegación Territorial

.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...