HomesociedadeO '75 aniversario de Castelao', motivo premiado nunha das categorías de premios...

O ’75 aniversario de Castelao’, motivo premiado nunha das categorías de premios do Xoves de Compadres de Monforte

No concurso, organizado pola Concellería de Cultura de Monforte, concorrían na Praza España tres categorías de Compadres. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves 20 de febreiro celebrouse na Praza de España de Monforte o Xoves de Compadres, unha actividade que intenta manter viva a tradición de elaborar estas creacións dedicadas a algún tema concreto, destacando pola súa orixinalidade e/ou crítica. Para animar á participación, dende o Concello de Monforte convocan un concurso con diferentes categorías e premios. Os participantes concorrían como centros de ensino, como parroquia, barrios ou rúa do concello e tamén de xeito individual.

A cita era na Praza España ás 17:00 h. e ata as 17:30 h. o xurado paseaba polo medio da xente para valorar os Compadres. A continuación, o Alcalde, José Tomé Roca, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer os gañadores do Xoves de Compadres, iniciando así as actividades programadas arredor do Entroido 2025.

Marina Doutón dando a coñecer os premiados / XdL

Na categoría de Barrios Colectivos participaron 7 asociacións, cun total de 42 compadres; en Barrios individual 8 participantes, con 15 compadres en total; en Centros de ensino colectivo 2 centros; en Centros de ensino individual: 2; e na Praza de España individual: 2.

Para este Xoves de Compadres destináronse 2.000€ en premios, 100€ máis que en 2024. “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salientou o rexedor monfortino.

Tras a comunicación dos gañadores, levouse a cabo a queima do Compadre oficial, “Exame de política”, que como todos os anos foi elaborado pola asociación Albores, e o resto de compadres de quen quixo sacrificar as súas creacións.

Compadre oficial creado por Afamon (2025) / XdL
PREMIOS XOVES COMPADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2025

CRÍTICA SOCIAL

Roma. Asoc. Fam. de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON, 150 €.      

BARRIOS COLECTIVO

Accésit – Tradición zapateira en Monforte, Asoc. Veciños Barrio de Cobas75 €

Accésit – Roma, Asoc. Fam. de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON, 75 €

2º –Ultimiiiiisima hora, Asociación Prodeme, 120 €

2º-Taller de alta costura, San Julian de Tor, 120 €

1º – Monforte non queda sen relevo xeracional, Asociación Agora centro ocupacional, 150 €.

BARRIOS INDIVIDUAL (ata 3 compadres)

Accésit –   Accesibilidade  im-posible, Asociación Agora -Centro día 50 €

Accésit –   Jardineros de Monforte, Mª Matilda Corral –Peluquería Internacional,  50 €

Accésit –   Xurado Patrimonial, Centro Viño Ribeira Sacra, UTE Novas Santiago,  50 €

2º –   Peregrino con Perrigrino, Oficina de Atención ó Peregrino, UTE Novas Santiago, 75 €

1º –   Labrego vai arrincar patacas á eira, Matilda Somoza González (Guntín), 100 €

PRAZA DE ESPAÑA INDIVIDUAL

2º – Huggy Wuggy llegó a Monforte ¡a jugar!, Abril Blanco Rajo, 75 €

1º – Polo Camino de inverno veño, e en Monforte me deteño, Adelina Deus González, 100 €

CENTROS DE ENSINO COLECTIVO (Máis de 3 compadres)

 – 75 aniversario Castelao, Colexio Ferroviario, 150 €.

Compadres dedicados a Castelao / XdL

CENTROS DE ENSINO INDIVIDUAL

 – Gaiteiro Gandariño, CEIP Plur. A Gándara, 75 €

Compadre do Colexio A Gándara (2025) / XdL

–  Modelo deseño infantil, ANPA Colexio Escolapios, 100 €

Compadres 2025, Colexio Escolapios / XdL

ÚLTIMAS

Xornada medio ambiental no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

A actividade comezou cunha saída ata o Río Mao ao seu paso pola localidade...

466.000€ para mellorar a estrada provincial na Pobra do Bollón que une Vilachá e A Estación por Rozabales

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un novo investimento...

A Pobra do Brollón vive con entusiasmo o ‘Xoves de Compadres’

O Concurso de Compadres 2025 no Concello da Pobra do Brollón tivo bastante participación,...

“Hai xente que en dous anos xa veu catro veces”, Cristina Rodríguez de Solpor Camperpark

Cristina Rodríguez é unha emprendedora que puxo a funcionar en 2022 Solpor Camperpark na...