HomesociedadeA CIG Saúde pide que se contraten dermatólogos para o Hospital de...

A CIG Saúde pide que se contraten dermatólogos para o Hospital de Monforte

Cando Monforte perdeu a Área Sanitaria, dende CIG-Saúde denunciaron que isto "sería mortal" para o hospital. Agora aseguran que o tempo lles dá a razón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran desde o sindicato que “a perda da área sanitaria vendéronola de tal xeito que ían vir aquí todos os especialistas de Lugo a pasar consulta. Nada máis lonxe da realidade, hoxe vímonos de enterar de que están chamando a xente por teléfono para ir ao HULA a pasar a consulta de dermatoloxía”.

A esta situación engádese o anunciado problema coas mamografías que tamén se están fancendo en Lugo. Cuestión que consideran especialmente grave ao ter un compoñente sexista “ao ser unha proba que so lles afecta as mulleres, non teñen a mesma presa en arranxar o problema”.

Consideran que se o aparello estropeado fora o TAC estaría funcionando enseguida e lamentan que cada vez máis especialidades requiran que os pacientes se teñen que trasladar ao HULA, como está acontecendo con dermatoloxía.

“Pedímoslle ó SERGAS que contrate Dermatólogos e que pasen a consulta no noso Hospital e que arranxe dunha vez o mamógrafo para que as pacientes de Monforte non se teñan que deprazarse a Lugo”, conclúen.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....